Tres aplicacións para darlle máis variedade ao teu Instagram

Instagram é a rede social de moda. Non en balde é a que máis creceu nos últimos meses, superando con fartura a pesos pesados como Faceobok ou Snapchat. A idea de subir fotografías compartindo o teu día a día, as túas experiencias, o teu traballo ou simplemente o que che gusta é algo que atrae a moita xente, polo que o que máis e o que menos está nesta rede social fotográfica.

Aínda que a idea de Instagram é moi básica, subir fotos ou vídeos curtos cunha mensaxe, o certo é que se lle pode sacar moito máis rendemento do que pensamos. Para iso fai falta, normalmente, utilizar aplicacións de terceiros que nos permitan darlle un toque diferencial ás nosas publicacións. Hoxe recomendámosvos tres aplicacións que nos darán moita máis variedade ao noso perfil en Instagram.

Repost for Instagram

A acción de recompartir un contido que nos gusta non é algo que veña de serie en Instagram, pero aínda así podemos facelo grazas a outras aplicacións. Repost for Instagram é unha delas, a cal nos permite escoller a publicación que queremos e republicala directamente no noso perfil, dando sempre os créditos necesarios á persoa que subiu orixinariamente a foto.

Repost for Instagram está dispoñible para iOS e para Android

InstaSize

Aínda que Instagram permítenos cambiar tamaños, cores e aplicarlle filtros ás nosas fotografías, ás veces necesitamos outra aplicación que nos dea algo máis ás nosasstrs fotografías. InstaSize fai isto dunha maneira sinxela e directa. Con ela podemos cambiar brillos, contrastes e cores dunha forma máis a fondo que con Instagram. Tamén nos permite facer colaxes ou cuadrículas de imaxes completas para darlle un toque orixinal ao noso perfil.

InstaSize está dispoñible para iOS e para Android

Pro Weathershot by Instaweather

Se somos persoas que viaxan habitualmente ou que queren dar todo tipo de información nas nosas fotografías, Pro Weathershot by Instaweather é a nosa aplicación. Con ela podemos inserir en nosas fotografas información sobre onde estamos, como o tempo que fai, o nome da localización ou a data na que foi realizada a fotografía. Tamén dispón de adhesivos para darlle un toque divertido ás nosas instantáneas e numerosos deseños artísticos para mostrar a información.

Pro Weathershot by Instaweather está dispoñible para iOS (de pago) e de balde en Android.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.