Cinco trucos de Google que deberías probar agora mesmo

A tecnoloxía está chea de sorpresas, son os chamados easter egg que adoitan meter os programadores como curiosidades ou, porque simplemente, abúrrense no proceso de programación e queren introducir algo de orixinalidade nos seus desenvolvementos.

Nas páxinas web isto tamén ocorre e unha na que o fai máis do que pensamos é Google. O buscador ten unhas cantas curiosidades bastante divertidas que podemos atopar tan só introducindo os termos adecuados na caixa de procura.

Sonic e Super Mario

As mascotas de Sega e Nintendo están presentes no buscador. Se buscamos “Sonic The Hedgehog” ou “Super Mario Bros.” (sen comiñas os dous), na parte dereita apareceranos a información dos dous xogos cos personaxes animados.

E por se isto fose pouco, existe unha interacción con eles. Se facemos click 50 veces en Sonic este converterase en ?Super Sonic?, e se facemos click no bloque de interrogación máis de 100 veces, escoitaremos o son de vida extra que existía no xogo de Nintendo.

Tres en raia con Google

Apetécenos xogar ao tres en raia? Pois tan só temos que buscar en Google o nome en inglés: “tic-tac-toe”. Ao facelo apareceranos automaticamente o xogo no que poderemos enfrontarnos a unha intelixencia artificial creada pola empresa con diferentes dificultades. A cualificada como imposible é iso, literalmente imposible.

Google o gracioso

Se sabemos algo de inglés e temos ganas de saber cousas graciosas podemos buscar “fun fact” e o buscador responderanos con feitos graciosos de todo tipo. E nunca repetirá un.

A resposta á vida

Esta é unha referencia que só os máis duchos no tema entenderá. Se buscamos ”the answer to life, the universe and everything” (a resposta á vida, o universo e todo en inglés? Google sacará a calculadora e dirá 42, sendo este resultado unha referencia ao libro de culto “A Guía do autoestopista galáctico” onde, ese número tal cal, é a resposta ao significado da vida por unha avanzada civilización extraterrestre.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.