
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu a semana pasada a convocatoria da I edición dos premios Son Dixital, dedicados a premiar a calquera proxecto de Innovación Social Dixital desenvolvidos desde algún aula CeMIT e a rede de entidades aliadas durante as edicións do proxecto CeMIT-Innova.
Esta primeira edición o premio busca recoñecer a todos os axentes implicados nos proxectos desenvolvidos dentro da rede CeMIT, tanto ás persoas e entidades como aos concellos, as propias aulas CEMIT, o voluntariado e as asociacións e empresas que participaron algunha vez nalgún proxecto de innovación dixital.
Para poder participar, tan só hai que presentar a candidatura a través da web de CeMIT-Innova. Mediante este formulario recollerase a información de contacto así como a definición do proxecto e de como se utilizou ao longo do tempo. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 10 de novembro de 2017.
Seis días despois, o 16 de novembro, anunciarase o fallo do premio e comunicarase ese mesmo día o resultado ao gañador ou gañadores. O premio incluirá o recoñecemento do seu labor e un dispositivo tecnolóxico achegado pola empresa colaboradora do programa CemIT-Innova Primux Trading.

