Firefox Quantum, por que deberías instalar a nova versión do navegador

O mundo dos navegadores levaba tempo en calma, sen grandes cambios e cun claro gañador na carreira: Google Chrome. O navegador do coñecido buscador é na actualidade o máis popular e un dos máis usados, tanto pola súa fiabilidade como pola súa compatibilidade cos servizos de Google.

Cando dicimos que levaba tempo en calma é porque xa non o está. Esta mesma semana lanzouse, cunha gran expectación, Firefox Quantum, a nova versión do coñecido navegador libre que prometía unha mellora incrible da velocidade e gran compatibilidade con todas tecnoloxías web. E o certo é todas as promesas cumpríronse. 

Por que deberiamos probar Firefox Quantum

Por que debo tomarme a molestia de probar un novo navegador no meu computador? Pois porque pode mellorar moito a túa experiencia na rede. Por suposto, hai diferentes gustos no mundo da informática, pero se queres un navegador lixeiro, compatible e moi potente Firefox Quantum é a opción para ter en conta.

Firefox Quantum vén cun deseño moito máis moderno, coa integración en Pocket (un sistema para gardar artigos do que xa falamos aquí) e prometendo ser un 30% máis rápido que Chrome. Si, un 30%. Esa é a gran baza do navegador do raposo vermello: promete compatbilidade consumindo moitos menos recursos que o seu competidor, o cal foi acusado máis dun a vez de alimentarse demasiado da memoria RAM dos dispostivos.

Onde descargalo?

Firefox Quantum está dispoñible para Windows 10, macOS Sierra, Linux, Android Oreo e iOS 11. A compatibilidade entre todos os servizos web está case asegurada (salvo casos excepcionais), polo que a súa descarga, polo menos para probalo e ver como funciona, é máis que recomendable.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.