e-legal?

gdtgcNon é doado definir o concepto delito informático. Estamos ante un novo tipo de delito, ou son delitos clásicos cometidos a través de novos medios? Do que non hai dúbida é de que cambia o procedemento de investigación e xorde o concepto de proba informática.

Temos á nosa disposición a páxina web do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil. Aquí podemos informarnos, informar e denunciar. Pero cales son os delitos informáticos?

A clasificación

No 2001 o Consello de Europa presentaba en Budapest o Convenio de Ciberdelincuencia, que dende entón xa foi asinado por varios países, entre eles España. O convenio recolle unha clasificación de 4 grupos distintos de delitos penais:

  1. Delitos contra a confidencialidade, a integridade e a dispoñibilidade de datos e sistemas informáticos: acceso ilícito a sistemas informáticos, interceptación ilícita de datos, interferencia no funcionamento dun sistema informático, etc.
  2. Delitos informáticos: Falsificación ou fraude mediante a introdución, alteración ou supresión de datos informáticos.
  3. Delitos relacionados co contido: Produción, oferta, difusión, transmisión…, en sistemas ou soportes informáticos de contidos, por exemplo, de pornografía infantil.
  4. Delitos relacionados con infraccións da propiedade intelectual e dereitos afíns.

Na mesma web do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil dannos algúns consellos interesantes para navegar de maneira segura:

  • Actualizar regularmente o noso navegador.
  • Empregar un navegador adecuado.
  • Escoller contrasinais seguros e diferentes para cada servizo de Internet.
  • Verificar cada pouco tempo os movementos da nosa conta bancaria.
  • Empregar un antivirus con licenza e actualizado.
  • Estar alerta, empreguemos o sistema operativo que empreguemos.

O mellor consello é o de empregar o sentido común, usar servizos electrónicos seguros e acceder a páxinas web fiables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.