Protocolo para un sector TIC galego responsable

mbeat

mBEAT, dispositivo desenvolvido pola empresa galega Imaxdi

A finais de novembro, a Consellería de Traballo e a Amtega, ademais dos presidentes de Agestic, Eganet, Clúster TIC e Agasol, asinaban un protocolo para impulsar a Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego, e fomentar a difusión dos produtos de tecnoloxía social.

No 2014 realizaranse 7 xornadas de difusión e boas prácticas organizadas por todos os asinantes, e actividades de formación práctica sobre implantación e xestión da RSE (Responsabilidade Social Empresarial) no sector TIC.

Por outra banda, o protocolo prevé a elaboración dunha Guía de Boas Prácticas de RSE para o sector, con información aportada polas asociacións asinantes. A guía servirá de base para a creación dunha plataforma sectorial de fomento da RSE.

Un exemplo e unha ferramenta

Un exemplo moi claro de Responsabilidade Social Empresarial é o traballo desenvolvido polas 23 empresas tecnolóxicas adheridas ao Programa de Voluntariado Dixital. No último ano contribuíron economicamente doando equipamento, cedendo espazos e incluso financiando algún evento.

Ademais, impulsado pola Consellería de Traballo, as empresas galegas teñen á súa disposición o software Xunta PRO-RSE para axudalas a integrar as variables da RSE na súa xestión. Permítelles visualizar os indicadores das súas propias actuacións en materia socio-laboral, ambiental e económica.

Despois da sinatura do protocolo, a Xunta celebraba unha xornada na que se recolleron 13 exemplos de boas prácticas de RSE no sector TIC galego; o mércores entrevistamos a Javier Álvarez Osuna, CTO da empresa galega Imaxdi. Adícanse ao desenvolvemento de dispositivos médicos portátiles e aplicacións móbiles para mellorar a saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.