Queridos Reis Magos

ebook

Na carta aos Reis Magos de Xente Dixital imos recoller algunhas das recomendacións que fixemos nos últimos meses pensando, sobre todo, en nenos e adolescentes. Ademais quedades invitados a comentar o post e a axudarnos a corrixir ou completar a lista de dispositivos tecnolóxicos máis axeitados para os máis novos da casa.

Coincidindo coa volta ao cole, abriamos unha caixa de ferramentas tecnolóxicas na que había un ordenador, un ebook e unha tablet. Se estades pensando en mercar un ordenador, antes de aceptar calquera oferta, debemos ter claro que hoxe a maioría de ordenadores do mercado, por baratos que sexan, cobren gran parte das necesidades dos estudantes.

Comparabamos a tablet co ebook. A primeira permite o consumo de información multimedia e dános posibilidades como o procesamento de textos ou a busca de información na rede. O ebook permítenos ler documentos e artigos “escritos” con tinta electrónica; factor a ter en conta cando se pasa moito tempo lendo. Ademais, en xeral, é sensiblemente máis barato que a tablet.

Para ordenadores, tablets e móbiles, xa repasamos algunhas aplicacións educativas obrigatorias.

Un dos regalos estrela deste Nadal son as videoconsolas e os videoxogos. Xa vos falamos da nova xeración de videoconsolas, comparamos prezos e características da Play Station 4, a Xbox One e a Wii U. Antes de mercar os xogos visitade vandal.net, portal galego sobre videoxogos no que ides atopar toda a información que necesitades.

Que dispositivos hai na vosa lista?

Screenshot_2013-12-13-11-04-39Hai máis opcións ademais do ordenador, o ebook, a tablet ou a videoconsola para regalar tecnoloxía neste Nadal.

Teléfonos móbiles, libros, películas, música, reproductores de música…, como completariades esta lista? Se tivésedes que escoller un dispositivo tecnolóxico, cal regalariades ou cal vos gustaría recibir?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.