Así é a nova actuación da memoria dixital impulsada pola Xunta

Un dos elementos máis importantes que ten un pobo é o seu  patrimonio cultural. Na súa aposta por dixitalizar toda a sociedade, a  Axencia  pola Modernización  Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanzou unha nova actuación de axudas para a dixitalización do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Esta iniciativa é un paso máis no obxectivo da Xunta de Galicia de ter un fondo dixitalizado do patrimonio material e inmaterial de Galicia e facilitar, desta maneira, o seu acceso universal por todas as persoas que queiran consultalo, ademais de favorecer a súa clasificación e conservación.

Esta nova liña de axudas ten un importe total de 800.000 euros e está destinada integramente á dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións, manuscritos, mapas, fotografías, carteis… etc), os cales unha vez dixitalizados pasarán a formar parte do portal  Galiciana para conseguir unha maior difusión por parte da cidadanía.

A convocatoria subvenciona proxectos de con un importe mínimo de 10.000 euros a un máximo de 90.000, sendo o prazo de presentación de solicitudes ata o 18 de agosto. Estas axudas están destinadas aos órganos estatutarios de Galicia, entidades locais, universidades públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia.

A convocatoria e todos os seus detalles pódese consultar no DOG do 18 de xullo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.