Chave 365, a mellor alternativa para o acceso á sede electrónica da Xunta

Tes instalado no teu equipo informático un certificado dixital? Probablemente non. Pese á grande utilidade do certificado da FNMT, a algúns usuarios resúltalles complicada a súa instalación.

Dende a Amtega son conscientes deste problema e, en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, vén de poñer en marcha un sistema para simplificar a xestión online a través de claves concertadas no móbil.

chave365

O sistema Chave 365 permite acceder de forma sinxela ás tramitacións relacionadas coa sede electrónica da Xunta. Así, calquera cidadán pode realizar os trámites electrónicos relacionados coa administración autonómica: novas solicitudes, consultas ou anulación das mesmas. Dende casa e sen desprazamentos.

Que é?

Chave 365 é un mecanismo de identificación e sinatura electrónica sinxelo que ofrece garantías de seguridade similares ao certificado electrónico, para que poidas realizar calquera trámite da sede electrónica da Xunta.

Como funciona?

Con Chave 365 o usuario recibe unha clave de acceso no seu teléfono móbil, que se empregará xunto ao DNI. Así, cando o usuario está dado de alta no sistema, para realizar xestións online recibe unha clave vía teléfono móbil que so pode utilizar durante as 24 horas seguintes para realizar dito trámite

Onde se solicita?

Dende a semana pasada, é posible solicitalo nos Rexistros das delegacións da Xunta en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Progresivamente, estará dispoñible no resto das oficinas de Rexistro.

Tamén se pode solicitar de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. Compre destacar que esta tramitación online supón un aforro mínimo de 75 euros por solicitude, fronte á modalidade presencial.

Sobre Chave 365 xa temos falado no blog. Consulta contidos relacionados en Xente Dixital

5 comentarios

  1. JOSE FCO MARIN ELIAS

    ESTOY UTILIZANDO DEL CHAVE 365 PARA PRESENTAR UN EXPEDIENTE, HE PAGADO LA TASA, HECHO TODO Y ME SALE QUE TENGO SIN PONER AL CIUDAD Y POBLACION DONDE ESTA LA INSTALACION Y ME ES IMPOSIBLE SEGUIR CON LA INSTANCIA, RUEGO SE PONGAN EN CONTACTO CONMIGO PARA SOLUCIONAR DICHO PROBLEMA.

    Reply
    1. xentedixital

      Buenos días, José. Puedes llamar al 012 y explicar tu incidencia, desde este teléfono te derivarán con el servicio que te puede ayudar. Saludos

      Reply
  2. KATALIN

    Hola, estoy intentando solicitar la chave365 ya que la necesito para solicitar una beca erasmus y no puedo. Tampoco puedo hacerla presencial porque estoy en otro pais. Podria explicarme cual es el problema?

    Reply
  3. Pingback: A Xunta activa o servicio de emisión de certificados de maneira online - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.