Coñece a fondo os programas ReAcciona e ReAcciona TIC grazas a estes webinar

Adaptar o noso negocio e empresa ao mundo dixital é algo que pode parecer complicado, pero o certo é que se o facemos, pode darnos moitas alegrías e ese plus de competitividade que necesitamos como empresarios. Para axudar nesta tarefa, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) lanzaron o programa Reacciona TIC destinado a axudar ás pequenas e medianas empresas a dar o salto dixital.

Para coñecer un pouco máis como funciona este programa, está a organizarse un ciclo de seminarios web (webinars)  para difundir os servizos que ofrece este programa, cuxa primeira convocatoria aínda está vixente ata o 28 de febreiro.

Estes 7 seminarios web están abertos a calquera persoa que desexe coñecer máis a fondo o programa. Serán sete en total, celebrándose os venres de cada semana de 9:30 a 10:30 horas, podendo seguirse en streaming a través da web. Nestes webinar mostraranse temas como as vantaxes dos diferentes servizos que se ofrecen desde Reacciona TIC, as aplicacións de solucións en mobilidade ou a xeración de modelos e simulación industrial

O calendario das presentacións e a súa temática é o seguinte:

  • 3 de marzo. Como vender máis? Ferramentas de marketing para incrementar as vendas
  • 10 de marzo. A dixitalización como clave para a mellora da xestión na peme
  • 17 de marzo. Está a túa empresa preparada para o futuro? Plans e tendencias
  • 24 de marzo. A industria 4.0 e o seu impacto no ámbito da cadea loxística
  • 31 de marzo. A filosofía Lean e os seus beneficios para reducir custos na cadea de subministración
  • 7 de abril. Incrementa a competitividade da túa peme cos ecosistemas de colaboración

Se se desexa asistir ás xornadas, pódese facer a través do correo electrónico comunicacion@reacciona.igape.es ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.