DICO SUMMIT 2017: o primeiro encontro internacional sobre contidos dixitais celebrarase en xaneiro en Santiago

dicosummit2017

O ano 2017 empeza xa e, con el, todos eses bos propósitos que nos facemos para que este ano que entre sexa mellor que o anterior. Xaneiro é un mes de transicións e cambios e que mellor para comezar que un evento destes que se poden cualificar de imperdibles: o 24 e 25 de xaneiro celébrase en Santiago de Compostela o DICO SUMMIT 2017, o primeiro encontro internacional sobre contidos dixitais.

Este encontro promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia traerá á capital de Galicia multitude de actividades que virarán ao redor dos contidos dixitais. Neste primeiro encontro poderemos gozar de paneis e intervencións de entidades e profesionais de ámbito estatal e europeo, os cales ofrecerán a súa visión sobre os contidos e a transformación dixital, o novo concepto de televisión e as plataformas dixitais, os videoxogos e casos de éxito na economía dixital.

Á parte das charlas e relatorios, os asistentes ao DICO SUMMIT 2017 poderán coñecer nun Showroom as tecnoloxías que marcarán un antes e un despois nos contidos dixitais. Tamén haberá un espazo de Networking, no que empresas e profesionais poderán coñecerse e fomentar todo tipo de relacións e acordos entre eles. Ademais, dentro da celebración do DICO SUMMIT 2017 haberá un concurso de ideas, no que se impulsará o talento local buscando ideas novas relacionadas co mundo dos contidos dixitais.

O evento está aberto a toda empresa, profesional e estudante que estea interesado no mundo dos contidos dixitais. Para asistir, é necesario realizar unha inscrición, a cal estará aberta a comezos de xaneiro en dicosummit.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.