Feliz 11 aniversario Twitter! Tres ferramentas para levar mellor a rede social

Tal día como hoxe hai 11 anos nacía unha pequena rede social identificada por un paxaro azul que só buscaba que publicásemos o que estabamos a facer naquel momento. Da man de Jack Dorsey, Biz Stone e algúns máis, fai xa máis dunha década nacía Twitter, unha das redes sociais máis sinxelas pero con máis uso na actualidade.

Para celebrar estes aniversarios, hoxe querémosvos mostrar tres ferramentas que poden facer a nosa vida por Twitter moito máis sinxela. E é que ás veces entre o mundo de tweets, retweets, favoritos e demais contido, é fácil perdernos e non fixarnos no que realmente queremos facer na rede social.

Bit.ly, para monitorar as nosas ligazóns

Bit.ly non é unha ferramenta propiamente dita para Twitter, pero é un complemento perfecto se utilizamos a rede para promocionar o noso sitio web, tenda online ou a nosa presenza en redes sociais. Con ela podemos cambiar as nosas ligazóns á súa plataforma e, desta maneira, levar un seguimento do que se fai con esas ligazóns: cantos click fanse, desde onde, cando foi a máxima actividade…

O seu funcionamento é moi sinxelo, tan só temos que pegar a ligazón que queremos compartir e Bit.ly converterao a unha URL propia súa. Esa URL é a que debemos poñer na nosa mensaxe de Twitter e esperar a ver como soben as estatísticas. O mellor: a versión gratuíta é totalmente funcional.

Metricool, xestionar e programar os nosos tweets

Entre todos os servizos web que nos permiten crear e programar mensaxes para as diferentes sociais, nos últimos meses comezou a destacar un desenvolvemento español chamado Metricool. Baixo un deseño moi simple, este servizo web permítenos facer un completo seguimento das nosas contas en Twitter (e noutras redes sociais).

Con ela podemos desde programar tweets, facer seguimentos de hashtags, ver a evolución das contas ou xerar informes de corte semiprofesional co rendemento en redes das contas que temos rexistradas.

Paper.li, seleccionando contidos

Se somos dos que comparten moitas cousas en Twitter, pódenos chegar a compensar crear outro tipo de contido para os nosos seguidores. Paper.li serve para seleccionar contidos e crear unha especie de xornal con eles.

Que conseguimos con isto? Crear un formato co que compartimos moito máis accesible e cómodo de ver que simples ligazóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.