A diáspora galega ten un punto de referencia na rede, as redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración: Galiciaaberta.com en Facebook suma máis de 11.000 usuarios, e xa son máis de 3.000 os followers da conta de Twitter @GaliciaAberta.
Dende a creación das contas no ano 2010, o número de usuarios que segue a actividade da Xunta no exterior non deixou de medrar, e 2015 converteuse no ano de maior crecemento das redes sociais.
Visitas na web
A páxina web galiciaaberta.com tamén é un punto de referencia dende o exterior. Acumula case medio millón de visitas e percíbese coma unha web de calidade; así se deduce dos tempo medio de estancia na web – que ascende a case tres minutos –.
Onde residen os usuarios destas redes sociais?
Velaquí o dato máis interesante. No caso de Facebook, o 30% residen en España, se ben hai varios países do exterior que aglutinan o groso dos galegos na diáspora:
- Arxentina (24% dos seguidores)
- Suíza (10%)
- Uruguai (6%)
- Brasil (5%)
- Estados Unidos (5%)
No caso de Twitter, os principais países de referencia son, ademais de España (57%)
- Arxentina (16%)
- Venezuela (12%)
As visitas á web proceden na súa meirande parte dende España (50%), pero tamén proveñen de:
- Arxentina (22%)
- Uruguai (6%)
- Venezuela (4%)
- Brasil (2%)
Vistos estes datos, podemos facernos unha idea de onde viven os nosos compatriotas emigrados, non si?
Tes algún parente vivindo no exterior? Recoméndalle o Facebook ou o Twitter de GaliciaAberta.com.


