O I Premio Son Dixital recoñecerá ás mellores iniciativas de innovación social dixital da Rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu a semana pasada a convocatoria da I edición dos premios Son Dixital, dedicados a premiar a calquera proxecto de Innovación Social Dixital desenvolvidos desde algún aula CeMIT e a rede de entidades aliadas durante as edicións do proxecto CeMIT-Innova.

Esta primeira edición o premio busca recoñecer a todos os axentes implicados nos proxectos desenvolvidos dentro da rede CeMIT, tanto ás persoas e entidades como aos concellos, as propias aulas CEMIT, o voluntariado e as asociacións e empresas que participaron algunha vez nalgún  proxecto de innovación dixital.

Para poder participar, tan só hai que presentar a candidatura a través da web de CeMIT-Innova. Mediante este formulario recollerase a información de contacto así como a definición do proxecto e de como se utilizou ao longo do tempo. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 10 de novembro de 2017.

Seis días despois, o 16 de novembro, anunciarase o fallo do premio e comunicarase  ese mesmo día o resultado ao gañador ou gañadores. O premio incluirá o recoñecemento do seu labor e un dispositivo tecnolóxico achegado pola empresa colaboradora do programa CemIT-Innova Primux Trading.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.