Impulsa a túa empresa no mundo dixital grazas á nova convocatoria de axudas da Xunta de Galicia

axudas-xunta

A Axencia de Modernización de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) lanzan unha nova convocatoria de axudas destinadas a facilitar o impulso dixital das empresas de todo o territorio galego.

Durante o mes de outubro, estará aberta a primeira convocatoria na que, baixo o programa Reacciona TIC, as empresas poderán optar a máis de 400 servizos destinados á modernización tecnolóxica da empresa, que facilitarán o día a día dos solicitantes, aumentando a súa produtividade e competitividade nun mercado cada día máis aberto. A esta primeira convocatoria seguiranlle outras en decembro deste ano e en xaneiro e marzo de 2017.

As axudas promovidas por este programa están destinadas a dous ámbitos moi diferenciados: a empresa dixital e a Industria 4.0

A convocatoria de axudas para a empresa dixital está destinada a facilitar a implantación de diferentes tipos de tecnoloxía na empresa, xa sexa con solucións que melloren a comunicación entre os seus traballadores en mobilidade ou solucións de marketing dixital que axuden a expandir o negocio e mellorar as vendas e a presenza da empresa na internet.

No caso da Industria 4.0, a convocatoria céntrase no marco de desenvolvemento da Axenda de Competitividade Galicia-Industria 4.0, que establece camiños para mellorar a produtividade na produción e fabricación de produtos industriais. Para a súa realización, a convocatoria contempla que os solicitantes poidan acceder a asesoramento especializado, así como apoio en cuestións de organización e solucións tecnolóxicas.

Todas as solicitudes realizaranse de forma telemática a través da web do Igape.

3 comentarios

  1. Pingback: Coñece o programa Reacciona TIC grazas aos ciclos de presentación de novembro - Xente Dixital

  2. Pingback: Coñece mellor o programa Reacciona-TIC coas xornadas dos CDTIC de Santiago e Vigo - Xente Dixital

  3. Pingback: Coñece a fondo os programas ReAcciona e ReAcciona TIC grazas a estes webinar - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.