Como ben indica o seu nome, o obxectivo da Amtega (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) é levar as novas tecnoloxías a todos os estamentos da sociedade. Deste obxectivo e en colaboración da Consellería do Medio Rural e Mar nace a iniciativa Primare, destinada á modernización dos sectores primarios de toda Galicia.
Que é esta iniciativa? Primare é unha combinación de accións que pretende aplicar as TIC ao desenvolvemento de solucións intelixentes para mellorar os procesos existentes nos sectores primarios, tanto na produción agrícola como no sector pesqueiro, buscando así un aumento da competitividade e mellorar o seu posicionamento en todos os tipos de mercados.
Para conseguir este obxectivo, dentro da iniciativa Primare crearase unha plataforma tecnolóxica na que se desenvolverán soluciones TIC para os dous principais sectores primarios de Galicia: o agrícola e o pesqueiro.
No ámbito agrícola o obxectivo de Primare é a conversión de todo o sector ao mundo dixital. Para isto, a plataforma dotará de ferramentas dixitais a produtores e xestores, facilitando por exemplo as axudas das PAC ou permitindo facer un seguimento dixital das súas parcelas e cultivos, mellorando a xestión de maneira telemática coa administración.
No sector pesqueiro a dixitalización se levará a cabo principalmente nas lonxas. Nelas instalaranse solucións tecnolóxicas que axudarán co pesado e a poxa, permitindo a esta última un sistema online que permitirá axilizar a venda e comercialización do xénero. Esta práctica comezarase a implantar en media ducia de lonxas a través duna fase piloto, estendéndoa ao resto a durante o período 2016-2019.