Nintendo Labo: a nova idea nipona que mestura cartón con videoconsolas

Cando falamos de  Nintendo sempre temos que falar de innovación. A compañía de videoxogos nipoa sempre tentou ser máis orixinal que os seus competidores á hora de sacar novas ideas para o mundo dos videoxogos. Na súa historia hai luces e sombras, pero a súa nova idea parece que vai ser un gran raio de luz:  Nintendo  Labo.

Unha nova forma de xogar a videoxogos

Que é  Nintendo Labo? Pois a nova maneira coa que  Nintendo quere que xoguemos coa súa última consola a  Nintendo Switch. Trátase dunha serie de variadas construcións con pezas de cartón que fan que a nosa  Switch se converta no que construímos.

Como podemos ver no vídeo, cos diferentes  packs podemos construír un piano, unha casa, unha cana de pescar ou converternos nun robot dunha maneira moi sinxela e divertida.  Nintendo  Labo está dirixido aos máis pequenos da casa, aos que lles gusta construír e facer cousas coas súas mans, pero tamén para os maiores que queren compartir eses momentos cos seus fillos e sobriños e, ademais, pasar un bo momento.

Un funcionamento tecnolóxico e artesán

Aínda que non sabemos do todo como funciona  Nintendo  Labo, o certo é que podemos comezar a ter unha idea. A través de ferros de cartón  predeseñadas, realizaremos a construción que queiramos, a cal se axustará á  Nintendo  Switch que executará o xogo incluído no pack, detectando a construción que fixemos.

Como o farán? A clave está nos mandos da Nintendo  Switch. Os dous mandos teñen sensores para detectar a posición do mando así como un complexo sistema de vibración. Ademais, o mando dereito ten un porto de infravermellos que, ao parecer, será utilizado por  Nintendo Labo para detectar movementos das construcións que fagamos.

Quizais este novo produto de Nintendo non é para todos os públicos, pero hai que recoñecer que orixinal é un intre. Poderemos telo nas nosas mans para partir do 20 de abril.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.