Shelley, a intelixencia artificial que é capaz de escribir historias de medo

A ciencia ficción sempre soñou con que os computadores sexan capaces de evolucionar de tal maneira que comecen a pensar por si mesmos aínda que os científicos vexan isto con moi poucas probabilidades. Aínda así, no campo da intelixencia artificial están a facerse moitos avances e Shelley é un deles, xa que é unha intelixencia artificial capaz de escribir historias de medo.

E é que cando se fala de intelixencia, unha das características principais que ten que existir é a capacidade de crear, e en Shelley parece que o conseguiron… ou case. E é que Shelley é unha intelixencia artificial creada no prestixioso Instituto Tecnolóxico de Masssachusetts (o MIT) e que é capaz de escribir historias de medo colaborativas en Twitter.

Que fai exactamente Shelley? Pois a través da tecnoloxía chamada deep learning (aprendizaxe automática por parte da máquina sen necesidade de interaccion humana), a intelixencia artificial analizou máis de 140.000 historias de medo e foi capaz de facer unha historia continuada e lóxica.

Como funciona exactamente Shelley? É complexo, pero desde o MIT utilizárona para contar a través de Twitter historias de medo cos seus seguidores. Shelley realizaba dous tweets co comezo da historia e logo daba a oportunidade aos seguidores de continuala. Unha vez feito, Shelley analizaba as respostas e elexía unha coa que continuar unha historia de maneira real e entendible.

Que un programa informático sexa capaz de aprender a crear historias pode dar algo de medo se pensamos nas posibles consecuencias, pero o certo é que é un avance máis que significativo. Pensemos senón en robots que poden aprender, e perfeccionar, eles sós a maneira de realizar unha operación de risco. Non soa tan mal non? Iso si, segundo os expertos do MIT, Shelley é só unha proba e está bastante lonxe de ser capaz de crear historias por si soa. Terminator vai tardar en chegar.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.