Tecnoloxía do futuro presente: predicir crímes xa é unha realidade

Quen se lembra do departamento pre crime da película Minority Report? Naquela longametraxe, Tom Cruise utilizaba un complexo sistema para predicir os crimes antes de que se cometesen, e así conseguir unha sociedade máis segura. Pois parece que estamos preto de que ocorra o mesmo, polo menos en Australia.

Como funciona o sistema? Ao parecer a policía australiana estaría a usar rexistros históricos e diversas variables estatísticas policiais para, a través de técnicas de big data, clasificar aos futuros delincuentes e sinalar quen é máis probable que volva cometer un crime.

O proceso arrincaría co primeiro delito e, a partir de aí, a intelixencia artificial cualificaría á persoa polo risco a cometer de novo un crime. Ao parecer o sistema ten en conta múltiples variables: desde a raza, a situación familiar ou o calzado que se usa xa que, segundo a policía, hai trazos moi diferenciadores que determinan o que vas facer ou non no futuro.

Aínda que a nivel tecnolóxico a idea parece apaixonante, este sistema atopouse con varios problemas, xa que o sistema é, segundo os defensores dos dereitos humanos, inxusto en todos os sentidos debido a que se marca a unha persoa sen posibilidade de que poida reconducir nalgún momento a súa vida. E é que aínda que o sistema só marca ás persoas, non as detén, os afectados din sentirse acosados polas forzas de seguridade aínda que non fixesen nada.

Será este o futuro da seguridade cidadá? É complicado de dicir xa que hai unha liña moi fina entre o razoable para a seguridade cidadá e a liberdade do individuo. Pero aínda así hai que recoñecer que que se poida facer isto a nivel tecnolóxico é impresionante.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.