Xa coñecemos os seis escollidos na primeira edición do “Vodafone Connecting For Good Galicia”

connecting-for-good

Esta semana seleccionáronse os seis mellores proxectos presentados para a primeira edición “Vodafone Connecting For Good Galicia”, o programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia a través da Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Este programa ten como obxectivo premiar aos proxectos de emprendedores que que contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia. Nesta primeira edición, foron máis de 40 os proxectos presentados, e o xurado formado por todas as entidades organizadoras escolleu finalmente 6 proxectos que buscan resolver os retos expostos na Axenda Dixital de Galicia 2020.

Os proxectos premiados terán á súa disposición un plan de formación de plan de negocio, comunicación, vendas e accesibilidade, sendo cada un deles personalizado e adaptado ao tipo de proxecto que se presentou. Ademais, cada un conta cun patrocinio de 2.000€ outorgado por GAIN ademais de optar a unha axuda de 25.000€ e un préstamo participativo da mesma cantidade se acaba sendo o proxecto seleccionado entre os 6 escollidos. A maiores, Vodafone outorgará o premio “Conectados pola Accesibilidade” consistente en 10.000€ ao proxecto que mellor incorpore os principios de accesibilidade universal.

Queres coñecer os proxectos finalistas?

  • Insulclock: un dispositivo electrónico que se axusta á pluma de insulina e almacena automaticamente toda información relativa á súa administración: hora e día, dose e tipo de insulina.
  • Robobo: unha ferramenta educativa que facilita a utilización de robots na  aula, promovendo a adquisición de competencias básicas por parte do alumno.
  • MyKeeper: un proxecto que integra dous dispositivos pensados para facilitar a tarefa do coidador de enfermo de Alzheimer ou outra demencia: un sistema de localización integrado nun reloxo ou unha pulseira e un sistema que detecta cando o paciente pretende levantarse da cama.
  • Phottic: un proxecto de alfabetización de maiores que recupera as historias do mundo a través da fotografía.
  • PsicoVR: un software desenvolvido para lentes de realidade virtual, destinado ao tratamento psicolóxico de fobias, tensións ou pánico.
  • Xesmar: unha aplicación web que permite mellorar a xestión, organización do traballo e acceso á información no colectivo de mariscadores das confrarías de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.