Xa está aberta a convocatoria do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova 2017

Buscar a innovación é case unha obrigación que todos deberiamos ter no noso día a día: é o obxectivo de moitas empresas e é tamén algo que nos pode axudar moito, tanto na nosa vida profesional como na persoal. Para fomentar esta innovación, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou, un ano máis, a apertura da convocatoria do Programa de innovación do CeMIT-Innova.

Este programa está dirixido a todas as aulas CeMIT que teñan proxectos en marcha que destaquen pola súa innovación e deseño. O período de inscrición remata o 31 de marzo, polo que se se quere que o noso proxecto poida ser un dos 10 escollidos en abril, é necesario realizar a inscrición a través da web de CeMIT, onde tamén se atopan os criterios completos que se utilizarán á hora de seleccionar as aulas e proxectos.

Unha vez terminada a inscrición, no mes de abril publicaranse os 10 proxectos escollidos, os cales se poñerán en marcha ao longo do ano 2017 e, como novidade nesta terceira edición do Programa de innovación CeMIT-Innova, todos os proxectos pasarán a formar parte do I Concurso de Innovación Social Dixital, onde poderán optar ao premio Son Dixital á mellor iniciativa dixital. Este galardón consistirá nunha mención especial de recoñecemento ao voluntariado que participa no proxecto e o gañador optará a un premio tecnolóxico doado polas entidades galegas patrocinadoras.

Lembra, o prazo de inscrición termina este 31 de marzo. Se queres inscribirche pódelo facer a través da web de CeMIT.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.