Xa está en marcha o Programa AceleraTIC+, coñece todos os detalles

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xerente de AFundación Pedro Otero presentaron no día de onte o novo Programa AceleraTIC+. Como xa vos contamos aquí, esta nova edición do programa busca formar aos empresarios para que leven a cabo a transformación dixital da súa empresa.

Con esta presentación deuse o pistoletazo de saída ás inscricións para o programa. Estas están abertas ata o 24 de abril ás 18:00 horas, podendo preinscribirse a través da páxina do CDTIC ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal.

A nova edición do Programa AceleraTIC+ inclúe seis sesións formativas, as cales se estruturan da seguinte maneira:

  • Xoves 4 de maio: Big data, cloud computing, app economy, Internet of things, robotización e industria 4.0”. Álvaro Gómez.
  • Xoves 11 de maio. Novas canles de comunicación coa clientela. Marketing dixital e redes sociais. Javier Varela
  • Xoves 18 de maio. Estratexia de dixitalización da canle de vendas. O comercioelectrónico como unha alternativa estratéxica. Carlos Otero
  • Xoves 25 de maio. Posicionamento en Internet: SEO – SEM. José Alcañiz
  • Xoves 1 de xuño. Ferramentas de medición e análise – Obradoiro de Google Analytics. Fernando Gómez
  • Mércores 7 de xuño. Modelos organizativos e visión dixital. Transformación e xestión do cambio organizacional. Pablo Castejón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.