A Xunta pon en marcha o plan para modernizar as viaxes en autobús por estrada

A miúdo dicimos que a tecnoloxía está para facernos a vida máis fácil e hoxe hai unha nova noticia relacionada con esta melloría, xa que a Xunta acaba de poñer en marcha o Plan de Modernización  tecnolóxica en Galicia ou e-Mobility.

En que consiste? Este novo plan elaborado pola  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda baséase en facilitar as ferramentas necesarias para monitorar en tempo real as rutas de transporte público por estrada de Galicia.

Este novo plan ten un investimento previsto de máis de 6,6 millóns de euros ata 2020 e buscará ofrecer a usuarios, empresas e a propia administración as ferramentas necesarias para mellorar a información sobre o transporte público galego.

A través do Centro Operativo de  Xestión de  Mobilidade de Galicia (COMGA) xestionarase toda a información e, despois de ser analizada con técnicas de Big Data, esta ofrecerase á viaxeiros, empresas e operadora.

Grazas a este plan poderase, por exemplo, organizar rutas adaptadas ás necesidades dos viaxeiros os usuarios poderán saber cando vai pasar exactamente o noso autobús ou as posibles incidencias que as liñas poidan ter durante o seu funcionamento. Ademais, ofreceranse novos servizos, como  o pago por móbil o transporte a demanda ou un servizo de queixas e incidencias para aumentar desta maneira a calidade do servizo.

Este novo servizo beneficiará a uns 20 millóns de viaxeiros anuais do transporte público por estrada, con máis de 1000 autobuses repartidos en 1321 liñas e 14410 paradas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.