Entre o 10 e o 18 de decembro, máis de 1.400 alumnos de educación infantil de 29 concellos de Galicia, poderán contactar con Papá Noel dende as aulas CeMIT por videoconferencia. Os primeiros afortunados conectáronse dende Marín, Betanzos, Sarreaus, O Barco e As Pontes.
Ata o 18 de decembro, conectarán con Laponia as aulas de Abegondo, A Fonsagrada, Barreiros, Beariz, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, Manzaneda, Marín, Muros, Narón, Ortigueira, Quiroga, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía.
Ademais dos alumnos de educación infantil, tamén poderán falar con Papá Noel os alumnos do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos, e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa.
O obxectivo é converter as aulas CeMIT en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer as posibilidades que ofrecen este tipo de espazos e a tecnoloxía da que dispoñen.
Podedes consultar o calendario completo da actividade aquí.


