1 mes, 1 profesión dixital: os contidos dixitais

Xa vos falamos do programa “1 mes, 1 profesión dixital”, campaña de divulgación e difusión dos novos perfís profesionais da era dixital organizada pola Amtega e o CPEIG. Arrancaba en abril nunha xornada sobre marketing dixital. A segunda cita é hoxe e leva por título: “Faite profesional dixital dos… CONTIDOS DIXITAIS”.

Botádelle un ollo aos ponentes e ao programa se vos interesan, por exemplo, a creación de contidos dixitais, a adaptación de contidos, a xeración de contidos con drons ou os xogos interactivos.

contidosdixitais_CDTIC

Se non podedes asistir, podedes seguir a xornada en directo por streaming aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.