10 profesións para os próximos 20 anos

microscope-385364_640

Hai uns anos ninguén imaxinaba a importancia que tería o community manager ou responsable da comunicación dunha empresa na rede. Hoxe queremos viaxar ao futuro e saber que profesións se van a crear. É moi probable que nos equivoquemos na maioría pero o que é seguro é que estarán baseadas nas novas tecnoloxías.

A consultora Fast Future publicaba recentemente o estudo “Shape of Jobs to Come” que contén un listado coas profesións que se desenvolverán nos próximos anos.

  1. Fabricantes de partes do corpo. Necesitaranse estudos de enxeñaría xenética, biomedicina, biotecnoloxía… A tecnoloxía permitirá moi pronto fabricar órganos e extremidades para reemplazar partes danadas do corpo.
  2. Nanomédicos. A nanotecnoloxía vai a revolucionar os tratamentos médicos. Necesitaremos expertos nesta área que terán estudos de medicina, enxeñaría robótica, etc.
  3. Especialistas no benestar da terceira idade. O avellentamento da poboación propicia xa que xordan novos perfís profesionais con coñecementos sobre medicina, estética, deporte, estilo de vida, etc.
  4. Expertos en ética científica. A clonación, a manipulación xenética… Necesitamos expertos que coñezan os avances científicos e llos poidan explicar á sociedade para que esta decida.
  5. Granxeiros verticais. Coñecedes a agricultura hidropónica? É un método empregado para cultivar usando disolucións minerais no canto de solo agrícola. Permite producir máis en menos espazo e, por exemplo, cultivar en edificios.
  6. Avogados virtuais. Cada vez compartiremos máis información e faremos máis cousas a través de internet. Necesitaranse expertos que poidan resolver problemas legais cando, por exemplo, se comparte información persoal entre países con diferentes lexislacións.
  7. Profesores virtuais. Avatares que permitirán dar soporte aos profesores que se encargan da ensinanza presencial.
  8. Enxeñeiros de vehículos alternativos. Un bo exemplo é o vehículo eléctrico. Pero virán máis. Temos que buscar alternativas sostibles ao transporte actual.
  9. Xestor de datos persoais. Alguén que poida botarnos unha man para garantir a nosa privacidade na rede. Necesitaranse estudos de dereito e enxeñaría informática.
  10. Xestores de marca persoal. Xa vos dixemos en moitos posts que todos somos marcas e que temos que coidar o noso perfil profesional na rede. Ademais de xestores de comunicación de empresas, haberá xestores de comunicación de persoas.

Fonte: todointeresante.com.

1 comentario

  1. Pingback: Cualidades para ser un bo Community Manager - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.