4 aplicacións para coñecer o estado da batería do teu portátil

Sen unha boa batería, un computador portátil perde todo o seu sentido e, aínda que non adoitamos fixarnos á hora da compra, é unha das partes máis importantes deste tipo de dispositivos.

 

As baterías adoitan perder efectividade ao longo do tempo. O envellecemento dos seus materiais, o mal uso ou un fallo no deseño adoitan ser os principais problemas de que a batería deixe de durar tanto  como duraba ao principio. Coñecer o estado da nosa batería é algo primordial, xa que desta maneira podemos adiantarnos a posibles fallos e a tomar medidas se o seu funcionamento non é como debería.

Para coñecer este estado, hoxe en Xente Dixital querémosvos ensinar 4 aplicacións que nos amosarán o estado da nosa batería:

BatteryInfoView

Se queres saber estatísticas da túa batería e un programa que poida seguir o estado destas ao longo do tempo, BatteryInfoView é o teu programa. Un sinxelo executable co que podemos obter unha lista das características da batería tan só cun click.

BatteryMon

Sabemos que as baterías van perdendo capacidade co tempo, pero en ocasións esta perda é máis acusada do habitual. BatteryMon ensínanos de maneira gráfica esta diminución de capacidade para que, chegado o caso, saibamos se houbo un problema nesta perda ou entra dentro do normal.

BatteryCare

Non sempre as baterías perden capacidade. Ás veces, simplemente, deixaron de funcionar ben. Volver calibrar a batería descargándoa e cargándoa por completo pode conseguir un aumento da súa duración. Pero esta acción ás veces non é fácil, polo que sempre é recomendable usar un programa como  BatteryCare, que nos axuda no proceso de recalibración do compoñente.

Aforro de batería en Windows 10

Se usamos Windows 10, podemos utilizar unha característica do sistema operativo que vén incorporada pero que case nunca está activada. Para facelo, entramos nas opcións (Windows+I), imos a Sistema -> Aforro de batería -> Opcións e desde aí activámolo.

Que fai este programa? Monitora os procesos que están activos e xestiónaos para que gasten a menor batería posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.