Comezamos o 2015 co propósito de convencervos das vantaxes que ten para a vosa empresa coidar a comunicación a través de internet. Cada vez son máis as empresas que están na rede, pero quedan moitas por chegar e hai moito que mellorar.
1. ‘Aparecer’ en internet
Se non o fixestes ata agora, deste ano non pode pasar. Botade man dun profesional en comunicación que vos axude a saber que necesitades ou achegádevos a unha aula CeMIT para dar os primeiros pasos. Como mínimo, cando un usuario vos busque en Google ten que atopar información actualizada e ter a posibilidade de poñerse en contacto con vós.
2. Comunicar en redes sociais
Comunicar a través de internet, significa facelo a través das redes sociais. Xa vos contamos que non é necesario estar en todas. Nas guías prácticas de Xente Dixital podedes atopar información útil para crear e xestionar a vosa páxina de Facebook, Twitter ou Google +.
3. Web e redes sociais como canle de atención ao cliente
Antes de crear unha páxina web e as páxinas de redes sociais, tede en conta que debedes adicar tempo e recursos ao seu mantemento. Na rede contamos que produtos e servizos ofrecemos pero, sobre todo, temos que dar resposta ás dúbidas dos clientes. A fórmula do éxito é compartir contidos de calidade e coidar a atención ao cliente en internet.
4. Internet cada vez máis móbil
Se encargades unha páxina web ou cando fagades unha actualización en redes sociais, tedes que ter moi en conta que cada vez navegamos máis a través do móbil. De que nos serve ter páxina web se non se ve ben nun smartphone ou nunha tableta? Se estades comezando, aproveitade para facer unha comunicación o máis responsiva posible.
5. Aventurarse a vender en liña
En Xente Dixital falámosvos en moitas ocasións de comercio electrónico. No blog podedes atopar información sobre tendas en liña con software libre, consellos para unha tenda online en rebaixas, información de axudas etc. Quen se apunta?



Estoy totalmente de acuerdo con el articulo. Hoy en día o estas en internet o no existes.
Creo que lo mínimo es tener un canal de comunicación con el cliente, ya sea en forma de perfil en una red social, de lista de correo o con una web o blog sencillos. Afortunadamente contamos con muchas herramientas para llevarlo a cabo y la falta de recursos técnicos no puede ser una excusa.
Totalmente de acuerdo Jessica 🙂 Gracias por el comentario.