A Xunta mobilizará máis de 5 millóns de euros para estender as redes ultrarrápidas en 81 polígonos industriais máis e acadar o 93% da superficie empresarial ocupada.
As actuacións prevén iniciar os despregamentos neste mesmo ano
- En 2016 actuaríase en 17 polígonos
- En 2017 abordaríase a implementación de redes ultrarrápidas en 30 polígonos
- En 2018 acometeríanse as instalación nos 34 polígonos restantes, ata acadar o 93% da superficie empresarial ocupada.
Os 81 polígonos obxectivo desta actuación terán acceso a este tipo de redes a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Na imaxe, o polígono de A Gándara
Obxectivo, universalizar a banda larga en Galicia
Esta acción enmárcase dentro dos obxectivos do Plan de Banda Larga 2020.
A universalización da banda larga para toda a poboación é o fin último: a través de redes de 30 Mbps darase cobertura ao 96% da poboación de Galicia (case 2,6 millóns de habitantes)
Para chegar ao 4% da poboación restante (habitantes naquelas zonas máis illadas ás que non cheguen as redes) poranse en marcha subvencións para a contratación de banda larga vía satélite. Ademais, acadarase o 60% da poboación (1,7 millóns de habitantes) con cobertura de 100Mbps.

