A aplicación do mes: Enoturismo

enoturismo

Esta aplicación é útil para coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia e para achegarse ás distintas denominacións de orixe incluíndo as características dos seus territorios e dos seus viños. Desenvolvida por Turgalicia, está dispoñible para dispositivos móbiles Android, iOS e BlackBerry.

Na app atoparedes información dos establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia: adegas, destilerías, restaurantes, aloxamentos, empresas de ocio, museos, oficinas de información turística, axencias de viaxes, etc.

Por outra banda, podedes acceder a información das 5 denominacións de orixe galegas: Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Queredes saber máis sobre os seus territorios e sobre os seus viños?

Ademais da información de establecementos e das denominacións de orixe, pode consultarse información dos provedores de servizos enoturísticos que contan cunha ficha cos datos de contacto, características, fotos e localización.

Se permitides que a app coñeza a vosa ubicación poderedes atopar e saber como chegar con facilidade ao recurso que máis vos interese. A información está dispoñible en galego, castelán e inglés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.