A aplicación do mes: Linkedin Lookup; para aprender dos teus compañeiros de traballo

lookup

Linkedin vén de lanzar Linkedin Lookup, unha app que serve para atopar, coñecer e contactar con compañeiros de traballo. Nace co obxectivo de sustituír os tradicionais directorios de empregados das compañías. Está dispoñible para iOS e pronto o estará para Android.

Por que Lookup? Linkedin viu que o 30% dos seus usuarios mira os perfís dos seus compañeiros. Fixeron máis de 800 enquisas nos Estados Unidos e o 58% asegurou que o seu traballo sería mellor se puideran atopar compañeiros con cualidades específicas.

Podemos buscar por nome, cargo, experiencia, formación ou capacidades profesionais. Se facemos unha busca xenérica por departamento, por exemplo, Lookup daranos unha lista das persoas que traballan nel incluíndo correo corporativo, teléfono, etc. Só os usuarios de Lookup poden ver a información que introduciron os seus compañeiros.

Linkedin segue a apostar por apps móbiles que complementan os servizos que ofrece. Por agora é gratuíta pero, cobrará ás empresas que queiran empregar este servizo no futuro?

Fonte: ticbeat.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.