A aplicación do mes: Mercado Santiago de Compostela

app_mercadoSantiago1

En maio presentábase a nova app de realidade virtual do Mercado de Santiago. Realizada polo CIS Galicia, permitirá facer un percorrido por varios puntos do mercado de abastos da cidade de Santiago dende calquera dispositivo Android.

Na simulación, o usuario pode obter información sobre as naves que forman o Mercado e realizar un paseo polo seu espazo central ou entrar na peixaría. Tamén é posible cambiar as condicións meteorolóxicas e percorrer o mercado nun día chuvioso ou soleado.

Unha das liñas de traballo do CIS Galicia é o deseño e xeración de aplicacións baseadas en Realidade Virtual, Realidade Aumentada e Estereoscopía en todo tipo de sistemas de visualización.

app_mercadoSantiago2

A aplicación presentábase coincidindo coa campaña Quere o teu mercado; a de Santiago é unha das máis de 50 prazas de abastos de Galicia que participaron nesta iniciativa que se celebrou en 16 países de Europa, América e Asia durante o mes de maio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.