A web do mes: pememobil.gal

pememobil_gal

A Amtega, en colaboración co Clúster TIC de Galicia, presentaba a finais de novembro pememobil.gal, catálogo de solucións TIC en mobilidade que ofrece unha mostra representativa da tecnoloxía en mobilidade ofertada en Galicia.

En pememobil.gal atoparedes 115 solucións TIC de 60 provedores TIC galegos e máis de 90 casos de éxito de implantación en empresas. Localizade a ferramenta buscando por sector – Forestal, acuicultura e pesca, naval, enerxía, augas, etc. – e categoría – Seguridade informática, portais e plataformas web, etc. –. Tamén podedes identificar aos provedores desas solucións.

Se entrades agora, na portada veredes información, por exemplo, sobre unha app para aceptar pagos con tarxeta en calquera momento e lugar, unha solución que usa tecnoloxías móbiles e códigos QR como canle de difusión, comunicación e fidelización de clientes, ou un exemplo de portal web con xestor de contidos en WordPress específico para recursos turísticos.

O labor do Centro Demostrador TIC

Xa sabedes que o CDTIC ten como obxectivo achegar a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos. É o punto de encontro entre oferta TIC e demanda tecnolóxica.

Uns poden desenvolver solucións adaptadas ás necesidades do mercado, e os outros poden coñecer as solucións que máis se adaptan ás súas necesidades e trasladar demandas concretas. Non deixedes de consultar a oferta de actividades na súa web de cando en cando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.