A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) recibiu o premio CIO Directions 2013 como organismo público máis innovador. Recoñece a labor de desenvolvemento da estratexia tecnolóxica da Xunta e a aposta por un modelo de xestión integrada baseado nas TIC.
A organización tivo en conta que a Amtega é a primeira iniciativa a nivel estatal, que recolle o compromiso de Administración e empresas por converter Galicia nunha referencia no ámbito tecnolóxico. O premio fai mención ao pacto asinado no pasado mes de xullo pola Xunta, os responsables de dez empresas de ámbito autonómico, nacional e internacional, e polo Clúster TIC Galicia para impulsar o sector TIC galego.
Os obxectivos
Os obxectivos son, entre outros, transformar a Administración e mellorar a calidade dos servizos públicos mediante o uso das TIC, pór a disposición de cidadáns e empresas contidos e servizos públicos dixitais de utilidade, ou impulsar o uso das TIC entre as empresas galegas, na comunidade educativa, ou en sectores como a sanidade e a xustiza.
A Amtega…, e o CPDI
Son a base da estratexia TIC da Xunta. O Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) traballa para albergar o Arquivo Dixital de Galicia, para xestionar toda a documentación que xera a Administración: procedementos xudiciais, contidos educativos, historias clínicas e receita electrónica, etc.
Os premios CIO Directions
Os premios CIO DIRECTIONS están organizados polos grupos IDG Communications – editorial líder en información tecnolóxica, responsable, entre outras publicacións, de CIO, Computerworld e Dealer World – e IDC – proveedor global de intelixencia de mercado, servizos de asesoría ou organización de eventos no sector TIC –.

