A aplicación do mes: AbalarMóbil

abalarmobil

En Xente Dixital xa vos falamos do Proxecto Abalar que busca a integración efectiva das TIC nas aulas galegas. A Amtega, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de poñer en marcha AbalarMóbil, aplicación que lle permite aos pais seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar a través dos seus dispositivos móbiles, dunha maneira rápida e sinxela.

A app implántase nunha primeira fase en 11 centros educativos das 4 provincias galegas, o que beneficia a máis de 4.500 familias galegas. O alcance ampliarase paulatinamente ata beneficiar a preto de 400.000 familias.

AbalarMóbil leva aos móbiles e tablets os servizos que as familias teñen no EspazoAbalar. A principal vantaxe é que simplifica o acceso xa que só necesitamos un dispositivo con conexión a Internet; cando accedemos dende un ordenador necesitamos un certificado dixital ou o DNI electrónico.

Que permite AbalarMóbil? Os pais poderán consultar as cualificacións dos seus fillos, as faltas de asistencia e de conduta, os horarios e as materias, e os avisos ou notificacións dos profesores e do centro educativo.

A apliación está dispoñible de forma gratuíta para dispositivos Android e iOS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.