A aplicación do mes: MeteoGalicia

App_MeteoGalicia

No mes de agosto presentábase a aplicación oficial de MeteoGalicia. Nela podemos consultar a predición meteorolóxica detellada por concello para os próximos 10 días, ademais do estado do mar, predicións para todas as praias de Galicia, predición xeral e mareas.

Dende a sección “Observación” pódese acceder ás imaxes en tempo real do radar de MeteoGalicia e do satélite Meteosat, así como visualizar vídeos das últimas horas destes dous servizos.

MeteoGalicia_observacion

Sección “Observación”

Estade atentos á Google Play e á Apple Store, porque nas próximas versións está previsto que se poida acceder a datos en tempo real das estacións meteorolóxicas, de calidade do aire e de boias oceanográficas da Xunta, así como avisos por concello.

A aplicación está dispoñible para Android e iOS e está previsto que pronto estea dispoñible tamén para dispositivos con Windows Phone e BlackberryOS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.