É certo. En Xente Dixital xa vos falamos de Mobem, aplicación móbil da Xunta para facer xestións co servizo público de emprego. Dende agora incorpora un sistema de notificacións que posibilita que recibamos unha notificación nos nosos smartphones cada vez que ocorra un evento que poida interesarnos. A nova versión estará dispoñible para dispositivos Android, iOS, RIM (Black Berry) e Windows Phone.
Cómpre lembrar que Mobem ofrece distintas vantaxes como son a posibilidade de renovar a demanda de emprego dende o móbil, de consultar en tempo real a convocatoria para unha cita para orientación laboral, de saber se fomos seleccionados para participar nun curso de formación ou se, por exemplo, estamos entre os candidatos dunha oferta de traballo.
Dende a súa posta en marcha en xullo do ano pasado, a app descargouse máis de 10.000 veces. Realizáronse máis de 3.600 renovacións da demanda de emprego e comunicáronse 1.200 citas de orientación, entre outros datos.
Moben vén de recibir ademais o premio “TIC nos Servizos Públicos de Emprego 2014”, da Fundación Socinfo e a revista Sociedade da Información.


