Non tes espazo de almacenamento no teu teléfono pero non queres renunciar a este dispositivo como reprodutor de música? Propoñémosche algúns servizos de música na rede para que durante estes días poidas seguir escoitando as túas cancións favoritas.
É o servizo de música en streaming por excelencia, sobre todo en Europa, onde ten unha taxa de crecemento moi alta. O seu catálogo supera os 25 millóns de cancións e, aínda que é de pago, pode empregarse de maneira máis ou menos gratuíta no teléfono móbil ou na tablet.
As restricións, no entanto, son máis elevadas: as listas de reprodución so se poden escoitar de xeito aleatorio, non podes escoller un tema en concreto (so artista), pero segue a ser unha das principais opcións.
Non é estraño que Google queira estar próximo ao mundo da música. Ven de lanzar un servizo gratuíto e sen publicidade que é a súa ferramenta de música en streaming. Permite crear e compartir listas de reprodución e, por suposto, realizar compras dentro da propia app e en Google Play (a sincronización é instantánea).
Pola súa banda, o usuario pode subir ata 50.000 cancións que teña no disco curo e así escoitalos en streaming ou mesmo sen conexión (gardándoos como favoritos)
Soundcloud
Esta plataforma está a medio camiño de ser unha rede social e unha plataforma de música. Permite seguir a artistas e escoitar música na rede. Como cada usuario pode subir as súas composicións, é habitual atopar aquí moitas versións de cancións coñecidas, ou as composicións dos pincha discos que teñen, nesta plataforma, un espazo para a súa creatividade e proxección persoal.
Estas son so tres das aplicacións que che recomendamos hoxe, pero hai moitas máis. Recoméndasnos ti algunha?

