As compras de Nadal, en galego

agasallo.eu

Como o ano pasado, neste Nadal invitámosvos a atopar os regalos de Nadal na web agasallo.eu. Que ten de particular? É unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego, para todas as idades.

Agasallo.eu non é unha tenda en liña. Dános ideas e indícanos onde mercar os agasallos. O obxectivo é visibilizar creacións que usan a lingua galega, que a cidadanía saiba que se poden regalar produtos no noso idioma.

Atoparedes produtos de nove categorías distintas: libros, música, audiovisual, xogos, tecnoloxía, téxtil, experiencias, alimentación e outros.

A web dános outras posibilidades interesantes. Se creas ou elaboras produtos ou ofreces servizos en galego, podes enterarte de como participar en agasallo. Se o que buscas é difundir en papel ou a través da rede, propostas de regalos en galego, tes a opción de crear o teu catálogo distribuíble.

A iniciativa está impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e contou ca colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.