Asesoramento tecnolóxico para autónomos

20130926_pemes_800Onte falabamos do lugar que ocupan os autónomos galegos na Sociedade da Información. A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) acaban de presentar o Programa de Asesores TIC, para axudar a pequenas e medianas empresas a integrar as TIC no seu negocio.

O programa está destinado a negocios dos sectores da agroalimentación, do mar, da acuicultura e da construción, e a autónomos que teñan previsto implementar algunha solución TIC. Se estás interesado en participar, só tes que facer clic aquí. O prazo para inscribirse remata o 31 de outubro.

Necesidades e solucións TIC

As empresas seleccionadas recibirán un Plan Director TIC gratuíto, unha guía cos pasos a dar para a implementación de melloras tecnolóxicas. Os asesores TIC visitarán as empresas e analizarán procesos de negocio, dispositivos e ferramentas TIC empregados, etc. Trátase de detectar necesidades e buscar solucións tecnolóxicas.

Os encargados ou encargadas do asesoramento serán profesionais con formación en Enxeñaría Informática que axudarán a implementar solucións acordes a cada empresa, priorizando as solucións baseadas en software libre.

O Programa de Asesores TIC é unha ferramenta máis para axudar a que as TIC sexan a base do traballo dos autónomos, das pequenas e medianas empresas galegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.