Aulas 2.0. Experiencias reais

A sección Experiencias. Aulas 2.0 ocupa unha posición de privilexio dentro do espazoAbalar. É a proba visible dos efectos positivos da introdución das TIC nas aulas. Calquera dos actores da comunidade educativa pode compartir unha experiencia positiva relacionada co uso da tecnoloxías nas escolas. Para facelo chega con cubrir un sinxelo formulario de participación.

En que tipo de experiencias estades a pensar? Detémonos de novo nalgunhas das máis valoradas para coñecer como pode influír ou, mellor dito, como está a influír o uso dos contidos dixitais, e dos dispositivos tecnolóxicos, na aprendizaxe.

entroido_1_0

A primeira leva por título Actividades LIM para traballar o Endroido. LIM é unha ferramenta ideada polo profesor Fran Macías que permite crear material educativo que podemos ver cun navegador. Pódese escoller entre 51 tipos de actividades distintas: sopas de letras, xogos de memoria, crebacabezas, etc. Emprégase, sobre todo, en centros de educación primaria.

airas2Taller de creación artística MGB recolle a experiencia do IES Manuel García Barros. O camiño iniciouse nun grupo de 4º da ESO coa idea de educar combinando actividades de expresión corporal, teatro, artes plásticas e música. Das representacións teatrais, polas que recolleron non poucos recoñecementos, pasaron ás curtametraxes no 2010. Un dos moitos fitos destacables foi a rodaxe da película Pedigree, recoñecida no pasado mes de xuño como mellor traballo audiovisual no III Certame Audiovisual Escolar, organizado polo IES Monte Carrasco de Cangas.

“Por último”, en Viaxa con nós, se queres aprender, Lucía Lorenzo López e Beatriz Maceda Abeleira, mestras do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral, traballan as distintas materias a través de proxectos, dun xeito global, atendendo á diversidade de nenos e nenas que teñen nas aulas. Trabállase, por exemplo, o desenvolvemento da personalidade respecto a actitudes individuais e de grupo, o traballo colaborativo, etc. Partindo do coñecemento do medio, pásase polas matemáticas e as linguas, entre outras materias, coas TIC como soporte fundamental.

Quedan moitas experiencias que repasar, imitar, crear e compartir. Algunha idea?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.