Se tedes a sorte de poder escapar uns días na ponte de maio, ou se xa estades a planificar as vacacións de verán, suxerímosvos 3 blogs de viaxes galegos onde atopar máis recomendacións das que necesitades.
Mola Viajar
molaviajar.com é o blog de Adrián e Gosia, viaxeiros profesionais adictos á comunicación 2.0. Podedes atopar recomendacións para os 5 continentes e información útil para as vosas viaxes. Se buscades ideas para esta ponte, botádelle un ollo ás pegadas que deixaron na Ribeira Sacra ou na Ría de Arousa, ou por Barcelona, Granda ou Málaga fóra de Galicia.
Vivir Galicia
Atoparedes moitas recomendacións de visitas a lugares que seguro que non coñeciades. Podemos descubrir que ver nas 4 provincias galegas, que facer atendendo a suxerencias de turismo mariñeiro, literario e mesmo industrial, e consultando o calendario de festas de interese turístico. Baiona ou o Pazo de Faramello (Rois), por exemplo, son os protagonistas dos seus últimos posts.
Equipaxe de man
Contan con máis de 300 posts cheos de ideas de viaxes; máis da metade dos posts conteñen recomendacións para coñecer Galicia. Navegade buscando praias, cidades, ou suxerencias de aloxamentos ou gastronómicas. Buscade os posts titulados con “Fin de semana con Equipaxe de man”; conteñen experiencias que podedes probar en menos do que dura unha fin de semana de 4 días.




