Buscar emprego na rede ou crear unha web con WordPress, algúns dos cursos da CeMIT

aula-cemit-ribadeo

Aula CeMIT Ribadeo. Foto: cemitribadeo.wordpress.com

Como todos os meses invitámosvos a consultar o calendario de actividades da Rede CeMIT e do Centro Demostrador TIC (CDTIC). Formación gratuíta en novas tecnoloxías ao alcance da vosa man. Botamos un ollo á programación para as próximas semanas.

En Castrelo de Miño, do 23 ao 27 de febreiro, terá lugar o curso “Trámites por internet”, unha introdución ao uso da administración electrónica. 15 horas de formación para aforrar moito tempo nos trámites coa Administración.

Á xente nova pode interesarlle, por exemplo, a actividade “Crea o teu cómic online” que se desenvolverá na CeMIT de Ames do 25 de febreiro ao 25 de marzo. Non estaría mal complementar este curso co que se celebra en Ourense o 26 e o 27 de febreiro sobre o uso seguro de internet.

Volvemos a Ames do 2 ao 11 de marzo para o curso “Busca emprego. Faite visible”; falarase de mecanismos para a busca de emprego na rede. Unha das recomendacións podería ser a de “Crea a túa propia páxina web con WordPress”; actividade que terá lugar na aula CeMIT de Ribadeo entre o 3 e o 26 de marzo.

Consulta o calendario completo de actividades na web da CeMIT ou achégate á túa aula CeMIT máis cercana para resolver calquera dúbida.

Joomla, xestión de adegas ou transferencia de ficheiros na rede, os temas no CDTIC

No calendario do CDTIC podedes atopar unha actividade sobre o sistema de xestión de contidos Joomla, para responsables de xestión web de empresas, profesionais TIC, autónomos, etc., que queiran crear unha páxina web nesta plataforma. Está programada para o 26 de febreiro.

A principios de marzo, adegas, colleiteiros, envasadores, enólogos e distribuidores teñen unha cita no CDTIC para saber máis sobre xestión de adegas. Poderán coñecer as necesidades tecnolóxicas deste tipo de empresa e as ferramentas de captación e fidelización de clientes.

Por último, coñecedes Managed File Transfer (MFT)? É o método empregado para o transporte seguro e supervisado de ficheiros a través de internet. A actividade, destinada a empresas de loxística, transportes, franquicias, etc., terá lugar o 5 de marzo no CDTIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.