Cada vez máis concienciados sobre o uso das TIC

O Osimga recolle na súa páxina web as principais conclusións do último estudo sobre as TIC en pemes e autónomos en España do Observatorio Sage. Diferencia beneficios do uso das TIC, presenza na rede duns e doutros, presenza en redes sociais e venda por internet.

Beneficio do uso das TIC

Eficiencia, aforro de tempo e mellora na produtividade son algúns dos beneficios do uso das novas tecnoloxías para autónomos e pemes. Nos últimos anos transformouse a opinión sobre as novas tecnoloxías; ademais de útiles, agora serven, entre outras cousas, para a captación de clientes. Que valoración dan autónomos e pemes ás TIC?

estudio_Sage

Gráfico Sage

Presenza en internet

O 56% dos autónomos conta cunha web informativa ou comercial. No caso das pemes, a porcentaxe sube ata o 62%. Nos últimos anos aumentou notablemente a presenza das empresas na rede pero aínda queda moito traballo que facer. Como sempre vos recomendamos, cómpre aproveitar a oportunidade de comunicar a través de internet; cantas das empresas da vosa competencia fan un bo traballo de comunicación online?

Presenza en redes sociais

Medra a presenza en redes sociais, sobre todo en Facebook e Twitter. O seguinte paso debe ser o da confirmación das redes sociais como canle de venda.

estudio_Sage

Gráfico Sage

Venda por internet

Este é o gran reto para os próximos anos. En torno ao 60% de autónomos e pemes non vende a través de internet, ben porque os seus produtos non son adecuados para a venda online ou porque non lles interesa.

Informe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.