A semana pasada falabamos de axudas para contratar internet vía satélite nas zonas máis illadas de Galicia, e de subvencións para proxectos dinamizadores de áreas rurais que se apoien nas TIC. Non está de máis revisar os datos de audiencia en Internet por Comunidades Autónomas para saber en que momento estamos e que camiño nos queda por percorrer.
O Osimga recolle na súa web os datos máis importantes do Marco Xeral de Medios en España de este ano, publicado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) e que recolle os datos de audiencia correspondentes ao ano 2013.
No estudo atopamos información sobre o nivel de penetración de internet por comunidades autónomas. Un 64,5% dos enquisados empregaron internet no último mes en España (60,4% a finais de 2012). O nivel de penetración no último día no conxunto do Estado foi do 53,7% (46,7% no ano anterior).
En Galicia empregaron internet no último mes o 54,3% dos usuarios e no último día o 45% o que supón un incremento de 3,3 e 5,7 puntos porcentuais respectivamente respecto ao ano anterior.




Muy interesante.
Gracias Lila 🙂