Como desconectamos nas vacacións?

apagar_ordenad

En Xente Dixital dámosvos recomendacións para que as TIC vos boten unha man no voso traballo ou no tempo de estudo. Pero tirar proveito de ordenadores, tablets e teléfonos non é igual a depender deles. Dende a UDIMA (Universidad a Distancia de Madrid) dannos algúns consellos para desconectar das novas tecnoloxías nas vacacións:

  • Deixa todo atado antes de irte de vacacións. Delegar nun compañeiro ou avisar aos clientes facilita a desconexión e evita estar pendente do móbil ou do correo electrónico.
  • Apaga o móbil durante as comidas. Ao principio non é doado pero debemos conseguir desfrutar da comida e da sobremesa, das conversas con familiares e amigos sen sufrir as constantes interrupcións do Facebook ou o Whatsapp.
  • Non ver o correo cada 5 minutos. Comprobar o correo cada pouco tempo é o primeiro síntoma de que non estamos desconectando. Podemos desactivar as notificacións no teléfono ou na tablet. Incluso podemos e debemos activar unha resposta automática para avisar aos nosos contactos de que non estamos dispoñibles.
  • Desfrutar de libros e xornais. En papel. Debemos deixar as edicións dixitais dos xornais e os ebooks e tablets para a volta das vacacións, redescubrir o pracer de ler o xornal mentres almorzamos ou de desfrutar dun libro en papel sen conexión á rede.
  • Cambiade correos por postais. O servizo de correos segue a funcionar e aínda nos fai ilusión recibir unha postal. Recuperar costumes analóxicas axuda a reducir a dependencia dos dispositivos tecnolóxicos.
  • Desconecta o Facebook. Non é obrigatorio compartir todos os pasos que damos nas vacacións. Tamén se permite desconectar durante o tempo do que cada un dispoña e que podemos aproveitar para ver aos amigos que hai tempo que non visitamos.
  • “Esquece” o móbil, a tablet e o ordenador no hotel. É probable que non tardes 5 minutos en volver buscalo pero a idea é baixar á praia ou ir pasear pola montaña sen dispositivo que nos interrompa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.