Compras a través de internet escollendo o prezo

Yoelijoelprecio1

Segundo os últimos datos publicados polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI), as ventas online en España aumentaron un 14,3% no 2013. Na rede atopamos comodidade e aforro, estamos afeitos a buscar e comparar. yoelijoelprecio.com vai un paso máis alá e permítenos que fixemos o prezo do produto que queremos mercar.

Como funciona

Yoelijoelprecio2Só tes que escoller produto entre as moitas categorías da páxina web, fixar o prezo que esteas disposto a pagar e agardar a que a oferta sexa aceptada. Podes ofertar o prezo que queiras dentro duns límites razoables; Yo Elijo el Precio avisarache se a oferta que vas facer é demasiado baixa.

Os gastos de envío corren da túa conta aínda que o vendedor, para competir con outros provedores, pode decidir se se fai cargo dos gastos. Esta información notificaráseche no teu panel de ofertas aceptadas.

Calificación outorgada por Yo Elijo el Precio

Na web podedes acceder a máis dun millón de produtos polo que é importante coidar que provedor escollemos. Cada provedor conta cunha calificación de 0 a 10 que se calcula, entre outros factores, pola creación e actualización do catálogo de produtos, a seriedade e efectividade nos envíos, e a puntuación outorgada polos compradores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.