Coñecedes rse.xunta.es?

RSE_Xunta

Esta semana falarémosovos de responsabilidade social empresarial no sector tecnolóxico galego. Abriremos a guía de boas prácticas que presentaba a Xunta a finais de ano. Antes visitamos rse.xunta.es, portal con toda a información que necesitades sobre RSE.

Antes de navegar polo menú principal, botamos un ollo ao slider da web no que se destacan os contidos máis importantes e as últimas novidades. Na parte de abaixo da portada podedes acceder ás novas destacadas, aos contidos multimedia e enlazar coas páxinas de redes sociais.

No menú principal podedes acceder á sección A RSE. Que é? Cales son os seus principios?. Aquí atoparedes información sobre como implantala nunha empresa ou sobre que vantaxes ten: fidelidade do persoal á empresa, mellora da motivación e da produtividade no traballo, aumento da cualificación e capacidades dos empregados, etc.

Outra das seccións é a adicada ao Apoio da Administración: asesoramento, formación, información sobre programas de apoio, sobre premios e recoñecementos, etc.

Seguro que moitos de vós tendes moitas dúbidas sobre RSE. Facede clic en Preguntas frecuentes e seguro que resolvedes boa parte delas: cal é a relación entre a RSE e o Desenvolvemento Sustentable? É importante certificar a RSE da empresa?

Por último detémonos nas guías. Son guías sectoriais: para o sector TIC (consultarémola o mércores), o textil, o conserveiro de peixes e mariscos, o do automóbil e o da madeira. Tamén hai outras guías nas que aprender, por exemplo, a implantar a RSE nunha peme.

1 comentario

  1. Pingback: Unha guía de boas prácticas para o sector TIC galego - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.