Todos os meses compartimos con vós algúns dos cursos que podedes facer de maneira gratuíta na Rede CeMIT e no CDTIC. Que hai no calendario para as próximas semanas?
Para moitos profesionais pode resultar moi útil crear unha revista ou catálogo de produtos en liña. O curso celebrarase na aula CeMIT de Cuntis do 24 ao 25 de abril. En Vimianzo, do 25 de abril ao 9 de maio daranvos as claves do éxito para un currículo diferente na rede. Se vos interesan estes cursos inscribídevos canto antes porque quedan poucas prazas.
Outra ferramenta interesante para construír a vosa marca persoal na rede son os blogs. En Cuntis, do 27 ao 30 de abril terá lugar o curso “Crea o teu propio blog”. Nas mesmas datas, en Beariz, o curso será sobre comercio electrónico.
Como xa compartiramos o mes pasado, en Tomiño impartirase unha formación sobre elaboración de carteis e folletos con Inkscape, útil se queredes mellorar a comunicación offline da vosa marca.
Por último, en Vimianzo e Pontevedra, a partir do 4 de maio, descubrirannos o universo Google. Usades Google Maps ou Google Drive para o voso traballo? Que aplicacións pon Google á nosa disposición?
Consultade o calendario completo e lembrade que podedes propoñer temas de formación na web ou na vosa aula CeMIT máis cercana, ou reclamar que se dea na vosa localidade algún curso que vos interesa pero que se imparte nunha aula CeMIT que non vos queda cerca.
De que se vai a falar no CDTIC no mes de abril?
Pasado mañá no CDTIC terá lugar a actividade “Cloud ao servizo da innovación das pemes”, dirixida a pemes, enxeñeiros e autónomos de calquera sector. O próximo día 21 o tema será a protección e seguridade da información para despachos profesionais para despachos de avogados, economistas, enxeñeiros, etc.
Por último, o día 23 celebrarase un seminario sobre marketing de atracción destinado a establecementos turísticos, operadores turísticos, axencias, etc.


