Cursos e concurso de apps en Faite Dixit@l

FaiteDixital

Non hai moito falabamos con Cecilia Neri, axente TIC de Vigo, quen nos explicaba que en Faite Dixit@l “estamos a desenvolver unha programación con cursos máis avanzados para dar un paso máis”. Hoxe botamos un ollo ao calendario de cursos e escribimos sobre o concurso de aplicacións móbiles no que aínda podedes participar. O mércores falarémosvos do ciclo de faladoiros dixitais, un espazo para achegarse ás novas tecnoloxías dun xeito diferente.

Pasadomañá, no Centro Cívico de Eiris, na Coruña, impartirase un curso sobre identidade dixital e administración electrónica. No mesmo lugar, entre o 26 de novembro e o 4 de decembro, o curso será sobre marca persoal, fundamental se o que queredes é medrar como profesionais na rede. O último exemplo que compartimos é o curso de ferramentas web 2.0 que se vai a impartir na aula CeMIT de Arzúa entre o 19 e o 27 de novembro.

Lembrade que as actividades de Faite Dixit@l ofrécense por videoconferencia polo que se pode asistir a un mesmo curso dende distintas cidades. Consultade o calendario completo aquí. Para calquera dúbida, visitade a aula CeMIT máis cercana ou visitade cemit.es.

O concurso de aplicacións móbiles

Ata o 28 de novembro podedes participar no I Concurso FaiteDixit@l de aplicacións móbiles. Está aberto a calquera persoa maior de 18 anos, galegos ou con residencia en Galicia, que deseñen e desenvolvan unha aplicación para smartphone programada en linguaxe Android, que facilite servizos nos ámbitos educativo, social, cultural, de lecer, do deporte ou do turismo.

Na web faitedixital.es podedes consultar as bases do concurso e descubrir o premio ao que optades por participar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.